domingo, 17 de julio de 2016

E cuando non había gaita?...

Estaban en primeiro lugar as pandeiras e se cadra antes os pandeiros. Imos na procura do mundo musical tradicional que rodea e complementa ineludiblemente ao da gaita e gaiteiros.

A pandeira de Ancares

Canto, xota e moliñeira de Candín


miércoles, 13 de julio de 2016

Fabricando unha pipa de castañeiro

Pablo Carpintero colgou no seu facebook esta intervención súa no Luar facendo unha pipa coa cortiza do castañeiro.
Como sempre este espectacular gaiteiro e investigador está ben documentado como podedes apreciar nesta entrada sobre a pipa no seu monumental libro sobre os Instrumentos musicais na tradición galega (que, como ben podedes intuír, tamén inclúe ao Bierzo) un marabilloso e completisimo traballo digno de coñecer e difundir. Grazas aos autores e grazas ao Consello da Cultura que colgou no 2011 esta versión para a súa difusión vía dixital, unha espléndida iniciativa que nos gusta e coa que queremos contribuír dende este humilde blog. Trátase dunha obra voluminosa que describe 150 instrumentos e que na versión dixital incorpora vídeos o que enriquece aínda máis a copiosa documentación coa que está elaborada.

 Volvendo ao tema da pipa, Carpintero fala tamén da gaita de alcacén que é outro tipo de instrumento de feitura popular que servía de iniciación como o da pipa de castañeiro, pero que se usaba máis noutras zonas, cuxa apreciación é realmente interesante á hora de coñecer os primeiros pasos dos nosos gaiteiros tradicionais.