Etiquetas
- A GAITA (7)
- GAITEIROS BERCIANOS (13)
- NOVAS (18)
- OPINIÓN (6)
- PUBLICACIOIS (5)
- SONS E GRAVACIOIS (13)
jueves, 13 de noviembre de 2025
UNHA TARDE DE BUREO
domingo, 18 de mayo de 2025
LETRAS GALEGAS PARA AS NOSAS CANTAREIRAS
O grupo de Pandeireta da Escola de Música de Vilafranca homenaxeou ás pandeireteiras do Bierzo con motivo do Día das Letras Galegas, ao igual que fixeron muitos agrupaciois e entes culturais en Galicia, xuntándose para cantar e bailar na súa honra.
Centos
ou miles de anónimas cantadeiras homenaxeadas no Día das Letras 2025
O territorio galegofalante
do noroeste peninsular foi quen de gardar un tesouro patrimonial monumental que
permanecía á vista de todos a súa sorte,
á intemperie dos tempos, e que,
por non ser valorado convenientemente (cuantas veces actuamos como cegos por, como á espera da morte, de oculto e
marxinado que estaba. Falamos da tradición oral. A non querer ver o que temos
mesmo diante dos ollos), semellaba estar, sen enterrar, soterrado Real Academia
Galega acertadamente rescata este tesouro que chegou vivo ata o século XX para
promover a súa redescuberta ben entrado xa o século XXI e darlle oportunidade
de seguir vivo e con futuro nas maos da mocidade toda.
Se queres que te queira
quéntame o mirar,
encende a pel da noite,
térmame, puñal.
Á miña porta levas
maos pra me abrir,
no centro do teu nome
dígoche que si.
Nos labios unha rosa
pro meu caravel,
que se revolve en febre
cuando te vou ver.
Se queres que te queira
dáme de beber,
regueiro de auga doce,
morte do porqué.
A poucos quilómetros de Vilafranca cantábase este
cantar, en Chan de Vilar foi recollido por Dorothé Schubarth nos anos 80... hai
algo menos de 50 anos a tradición oral seguía viva, pero aparentaba estar
ferida de morte pola falta de poboación, pola emigración, outro efecto dese
capitalismo depredador no que habitamos. Este patrimonio da oralidade que
representan as vellas pandeireteiras, sorprendía
no ano 1978 a unha musicóloga especialista
suíza ata o punto de que decidiu pasar eiquí, entre nosoutros, 20 anos da súa
vida realizando un complexo e duro traballo de campo polas aldeas de noso e,
sen reparar en fronteiras (quero dicir que tanto recolleu coplas no concello de
Candín, Balboa ou no de Corullón, como no de Cervantes, As Nogais e Pedrafita).
O resultado espectacular que nos deixou a cambio é unha das máis importantes colecciois
rexistradas da música popular de Europa, un verdadeiro Pórtico da Gloria, en
forma de Cancioneiro Galego de Tradición Oral. Certamente ese tesouro que
permaneceu por séculos vivo en cada casa do rural de Galicia, do Eo Navia, das
Portelas e do Bierzo, como constatou aquela especialista marabillada, era
singularmente arcaico e rico. Outra cousa marabillosa é o vigor que este
traballo documental inmenso está a experimentar 30 anos despois da súa
publicación, algo que lamentablemente non puido disfrutar de vagar a súa autora
a musicóloga suíza falecida no 2023, pero si o seu colaborador e coautor da
obra, ademais de eminente filólogo, Antón Santamarina. Este patrimonio
inmaterial da tradición oral está sendo actualmente un referente obrigado para
muitos mozos e mozas de hoxe sensibles ante a natureza tan atractiva desta riqueza
que, tras pasar centos de anos anónima de boca en boca, centos e centos de
melodías e versos en lingua de labregos e pastoras, fruito da creatividade dunha
sociedade rural poderosamente harmónica e tremendamente humilde, emerxe con
forza agora nas gorxas novas e agradecidas.
Non obstante, a Academia Galega con esta
celebración quixo honrar no Día das Letras a 7 cantadeiras (Rosa e Adolfina
Casás, Eva Castiñeira e Teresa García, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela
Lema) rachando por fin co tradicional anonimato desta expresión popular
espontánea e espléndida. Homenaxea a 7
mulleres con nomes e apelidos que representan a eses milleiros de
pandeireteiras que, xeración a xeración, chegaron ata os nosos días cantando,
ben para reproducir e transmitir con cariño este legado de centos de anos atrás,
ben para recrear e compoñer novas coplas con naturalidade, porque tamén elas foron
autoras, mais autoras sempre anónimas.
A primeira vez que eu escuitei falar dun grupo de cantadeiras do Bierzo e na nosa vila foi igualmente unha breve referencia directa dunhas mulleres anómimas que cantaban ao pé de San Nicolás muitos domingos coas súas pandeiras aló nas primeiras décadas do século XX. Efectivamente o fenómeno do seráns, das ruadas, foliadas, fiandois, polavilas...( ten unha chea de denominaciois), respondía ás peculiaridades de cada aldea ou vila e podían relacionarse con diversos labores propios do calendario tradicional, pero, en todas estas xuntanzas soaban as voces sabias e femininas acompañadas das pandeiras. Un home case octoxenario, Don Alejo Sandes, recordoume deste xeito o baile popular liderado por mulleres na nosa vila. Non tardamos en atoparnos logo, nos anos 80 na romaría de Fombasalá a Estrela de Pobladura de Somoza coa que tantas veces pasados os anos compartimos cantos de pandeireta, festas locais e bailes. Lembramos agora tamén a Remedios de Prado de Paradiña e, nos magostos, a Socorro González de Vilar de Aceiro, Arxentina Frey cantadeiras da Somoza que seguiron e seguen a outras muitas que fomos descubrindo algo máis tarde Aurora e Severina Abella de Pereda, Herminia Brañas de Vilariños, Amparo Voces de Borrés, ...
Despois de que unhas
pandeireteiras como as Tanxugeiras estivesen a punto de representar a España no
Festival de Eurovisión de hai dous anos,
cunha proposta tan radical,(é dicir, propia da raíz, da tradición oral
na que se criaron) e provocasen unha especie de alegre revolución cantada ao
son das ferreñas das pandeiretas, a
presente celebración do Día das Letras é logo unha oportunidade ideal para
asentar este rexurdir da tradición oral entre as xeraciois máis novas. Ofrece, ademais, unha revisión profundamente
didáctica do proceso previo, do labor de recompilación de centos de agrupaciois
folclóricas, de colectivos e persoas interesadas neste fértil terreo da
oralidade á que se deben logo formaciois musicais de distinta índole que foron
recollendo, estudando, difundindo, recreando e revitalizando o panorama da nosa
cultura, da cultura que compartimos O Bierzo e Galicia e que se manifesta,
claro está, en galego, esa da que Amancio Prada, Aínda, Rapa das Bestas, as
Cantareiras de Arnado ou a Escola de Gaitas de Vilafranca son só alguis nomes
que testemuñan como se vai concretando na historia da nosa comarca esta
magnífica herdanza patrimonial, marca indiscutible da identidade berciana.
Héctor M. Silveiro Fernández
domingo, 12 de enero de 2025
DOS REISES DE BENDOLLO
![]() |
| Foto dos anos 90 dos Reises vellos do Cebreiro |
Hai un tempo publicamos eiquí neste blog unha entrada para falar dos petitorios e dos ciclos festivos. Hoxe imos colgar a modo de coda daquel artigo unha pequena ampliación achegándonos aos Reises de Bendollo (lugar do Concello de Quiroga). Lembremos que as comitivas dos Reises eran veciños dunha parroquia que no Nadal e de solsticio, a finais decembro e primeiros días de xaneiro, no que as lareiras afumaban os chourizos tras da matanzas realizadas tras das primeiras xiadas do inverno e celebraban esta festa de bon trato entre vecíns, de reafirmación da veciñanza cos Reis como pretexto. Escuitemos, en primeiro lugar, a magnífica versión que o grupo Ailá fixo recentemente desta cantiga do CD Ailá de Nadal que se editou grazas a colaboración da Secretaría de Normalización Lingüística:
Vaiamos agora entrando en detalle coa letra deste tema, tirada dunha recolleita que aparece no Cancioneiro antropolóxico do Concello de Quiroga, Ribas do Sil e montañas do Lor realizada por X.L. Foxo:
Reises, Reises miña
tía
chouriciños á
potiña.
Reises, Reises miña
tía
chouriciños á
potiña.
Dénolo aguinaldo
anque sea pouco
chouriciño e medio.
e mitá do outro,
dénolo aguinaldo si
no lo ha de dar,
que somos de lexos temos que marchar.
Estas portas son de
ferro
eiquí vive un
caballero
eiquí vive e vivirá
e o aguinaldo nos
dará.
Dénolo aguinaldo anque sea pouco
chouriciño e medio.
e mitá do outro,
dénolo aguinaldo si no lo ha de dar
que somos de lexos
temos que marchar.
Estas portas son de pino
aquí vive un gran
cochino
eiquí vive e vivirá
e o aguinaldo non
nos dá.
Dénolo aguinaldo anque sea pouco
chouriciño e medio.
e mitá do outro,
dénolo aguinaldo si
no lo ha de dar
que somos de lexos
temos que marchar.
Estas portas son de pau
aquí vive un gran marrao
aquí vive e vivirá
e o aguinaldo nos
dará.
Dénolo aguinaldo
anque sea pouco
chouriciño e medio.
e mitá do outro,
dénolo aguinaldo si
no lo ha de dar
que somos de lexos temos que marchar.
Esta letra presenta unhas coplas de carácter petitorio na que se pide insitentemente o aguinaldo ás que se acompañan outras coplas acordes que corresponden co halago ou o insulto como resposta á muita ou escasa xenerosidade de cada casa. Estas últimas coplas resultaban un verdadeiro estimulante para suliñar esa relación comunitaria no que o humor e a ironía non deixaba de emerxer. Nótese a categoría das portas das casas ás que se canta: a calidade do ferro fronte febleza das de pino e, muito máis das de "pau", por non falar do manifesto e caricaturesco contraste do "caballero" da primeira das respostas co "gran cochino"ou o "gran marrao" das coplas de resposta aos petitorios que se cantan despois.
Outramente quixeramos insistir, e suliñar á vez, no populares que resultan este tipo de alusiois ás portas de ferro en toda a zona do galego oriental de Quiroga ao Bierzo, pasando polo Cebreiro, ademais de constatar un pouso común, da irmandade ou unidade cultural a un lado e ao outro da actual fronteira administrativa.
![]() |
| A Carantoña ameazando cun xardón na mao (Reises do cebreiro dos anos 90) |
Rematamos sinalando que non podemos esquecer de ningún xeito que esta manifestaciois de tradición oral deixan ver ás claras o solapamento das tradiciois relacionadas co solsticio de inverno que derivan no Entroido e as que viñeron despois da mao da Igrexa e o Cristianismo. Lembremos que os Reises vellos ou Reiseiros do Cebreiro son cuatro e están acompañados pola Carantoña, é dicir, unha máscara de pel de coello ou de lobo, e, por veces, do Mochileiro que tamén usaba careta, logo a pesar de denominarse reis e cantar ás portas das casas cantigas relativas ao Nadal, o aguinaldo e as bromas da Carantoña ameazando cunha póla de xardón a pequenos e maiores xa é unha evidente expresión do tempo de correr o Entroido que se iniciaba nos días máis curtos e de noites máis longas do ano.
![]() |
| Reises do Cebreiro en 2024 (foto O Progreso de Lugo) |
![]() |
| Foto da recuperación propiciada polo párroco Xesús Mato dos Reiceiros do Cebreiro. |
viernes, 7 de junio de 2024
OS GAITEIROS DE MORALES (II)
O segundo dos gaiteiros que Antonio Fernández Morales cita no seu libro Ensayos en dialecto Berciano(1861) aparece no poema Villafranca y a vendima Neste caso como adoita suceder cos gaiteiros do país é un gaiteiro anónimo, do que non coñecemos o nome, pero, como lles pasa a todos os músicos tradicionais galegos do XIX, terán un halo ou aura ao seu redor que lles confire un valor e unha presenza singular e senlleira que os condiciona á vez que lle confire ao contexto un vigor realmente notable. Como no caso anterior no que os bercianos se desprazaban á sega aos campos de Castela, neste caso que comentamos agora son galeguiños os que se desprazan á daquela capital do Bierzo, Vilafranca, como cuadrilla para traballar na vendima. Un traballo temporal ao que acoden homes e mulleres humildes que teñen na aldea de orixe outro oficio, entre eles o de gaiteiro, que non dá por si só para comer como xa temos comentado.
Vaiamos ao texto para elucubrar de onde procede este gaiteiro, se sería do Bierzo, da montaña ou de máis aló do Cebreiro. Coñecemos caso de gaiteiros que viñan tocar desde Navia á comarca berciana (falamos do Manuel O Poso que segundo contan chegou a coñecer a un dos gaiteiros bercianos, Isidro Álvarez). Logo esta presenza e contactos eran cuando menos frecuentes tanto para eventos festeiros como para traballar temporalmente. No poema describe con notable insistencia como chegan galeguiñas e galegos que se identifican (como se sobreentende) polo idioma que falan e mais a música que traen con eles:
De galeguiñas con megos
e de robustos galegos
chegan cuadrillas á villa,
todos obedientes cegos
ó cahicán da cuadrilla.
Ó pallar do seu Señor
xuntos se van a durmir,
e logo que ha amanecido ...
(Estes versos manteñen, por outra parte, semellanzas evidentes entre outros cos poemas do Repoludo gaiteiro e a Alborada dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, pero lembremos que son anteriores os do noso poeta aos que escribiu ela. Nótase de todos xeitos que ambos se inspiraban na realidade a partir dos costumes e, mesmo, na literatura de tradición oral da época). Mais poñamos a tocar ao gaiteiro:
E logo que ha amanecido
a vendimar vanse á viña,
levando, no seu metido,
cada guapa galeguiña,
o cesto do seu querido.
na gaita de fol tocando
vai o gaiteiro a muiñeira:
algúis ó son bailando,
i algúis nos cus tocando
dos seus megos a pandeira.
acompasando as pisadas
e collidas polas maos
outras van emparexadas,
cantando as mesmas tonadas
doa anos todos pasaos.
Ó finar, con muito ardor
aturulan: hi, ji, jiiiiiiiii!...
De que lugar de Galicia será este gaiteiro? Estará na cabeza de Morales ao realizar estes versos a idea do Bierzo actual ou, como é loxico esoutra que vía o Bierzo baixo ou chao, naquel que reside na zonas do val fronte a esoutro territorio das montañas galegofalante, sexan estas dun lado ou doutro da actual fronteira adminsitartiva? Daquela, vendo os mapas dese mesmo tempo e atendendo ao famoso Tira dela Galicia e Castela non a solta era aínda máis confuso e dificultoso que hoxe establecer onde exactamente comezaba Galicia. Ao falar de galegos referíase seguramente a habitantes dese espazo antes e despois do Cebreiro realmente próximo a Vilafranca. Eses veciños/as dos lindeiros que falaban e falan do Bierzo como dun espazo distinto, ao que non pertencían. O Bierzo era e é o val de vivir menos austero de Vilafranca e Cacabelos. Eran estes logo os galeguiños e galeguiñas do poema? Cremos sinceramente que si que estas cuadrillas galegas viñan das montañas de acó e aló do Cebreiro.
O carácter identitario que presenta este gaiteiro, ao non lle resultar o lugar alleo o do Bierzo, é tamén algo a subliñar tendo en conta que é precedente do que será tema central no poema que estamos comentando: Esa tensión territorial entre Galicia e Castela. Por iso os actos que executa o gaiteiro son cuidadosamente descritos como marca de tradición e. polo tanto, de fortaleza patrimonial relevante.
Cantos gaiteiros galegos viven e desenvolven o seu bon facer como instrumentistas no Bierzo, eiquí temos logo un precedente (en varias entradas deste blog e, por suposto, en traballos sobre a gaita como o de Diego Bello fálase abondo deste tema), que Morales describe con rigor e logo invita a pensar como a gaita galega, a gaita de fole é propia da comarca e comparte con Galicia ben patrimonial o seu acerbo. A convivencia fai que o repertorio e estilo sexa ou poida ser común e compartido. Insistimos por que non se pode considerar estes gaiteiros da contorna como gaiteiros do país, entendendo como tal algo máis estenso que unha localidade, mesmo que o propio ámbito comarcal sen chegar a ser de Provincias distantes. O territorio da gaita como ben pinta Pablo Carpintero para as épocas anteriores ao século XX é todo un continuum con diversas variantes que vai desde a costa ao interior e que flúe, como tamén o fai o idioma sendo tan propio a un lado como a outro da fronteiras que se está impoñendo na conciencia daqueles homes sinxelos entre os que vivía, como non vai ter existido tamén este, o noso gaiteiro anónimo do poema dedicado a Vilafranca e a vendima.
Sigamos coas referencias de Morales. Ao final da xornada volve a música a soar despois da cea:
logo unha moza labieira
ponse a tocar a pandeira
e brinco vai e vén brinco
aílí bailando a muiñeira
pasan cuatro horas ou cinco.
E, ao día seguinte, a gaita acompaña de novo ás cuadrillas:
I en cuanto o sol alumar
quere dos tesos a cima,
ás viñas a vendimar
van e volven sin parar
hasta que remata a vendima.
Ó respective dun real
diario, paga o xonal
entonces o cosecheiro;
e co placer, ó ver tal,
infla seu fol o gaiteiro.
Cuando o novo día brilla,
van co gaiteiro á cabeza,
cuadrilla tras de cuadrilla,
buscar vendima a outra villa
onde esta labor empeza.
Deixamos para afondar noutra entrada a abundancia de refráis sobre gaiteiros e o viño (unha asociación que tamén se produce curiosamente coa palla e o palleiro) que resulta pertinente comentar pois esta relación queda feita nos versos citados e concluamos, polo de agora dicindo que estas testimuñas do denominado patrimonio inmaterial son esenciais para entender o que a sociedade da época pensaba acerca desta figura do gaiteiro e deste oficio musical.
![]() |
| Dramatización do poema Villafranca e a vendima de Morales na Festa do Maio de Vilafranca (2011) |
sábado, 25 de mayo de 2024
SARMIENTO Á CABEZA DOCUMENTANDO A MUIÑEIRA
Podes saber máis sobre o asunto no blog amigo OMEGODAESCOLA
miércoles, 4 de enero de 2023
A AGG, unha asociación da tradición viva
Unha reportaxe da RTVG sobre a Asocación de Gaiteiros Galegos. Algo mái sque unha asociación de gaiteiros e gaiteiras, de bailadores e de interpretes e artesáns de instrumentos tradicionais galegos.
lunes, 11 de julio de 2022
Pablo Carpintero na procura da gaita galega máis antiga
Deixamos un par de enlaces a páxina web de Pablo Carpintero con máis información sobre o tema:
A gaita de ronquillo de Xan de Campañó
Sobre a gaita de Xan de Campañó do século XV
-

.jpg)










