Deixamos un par de enlaces a páxina web de Pablo Carpintero con máis información sobre o tema:
A gaita de ronquillo de Xan de Campañó
Sobre a gaita de Xan de Campañó do século XV
-
Deixamos un par de enlaces a páxina web de Pablo Carpintero con máis información sobre o tema:
A gaita de ronquillo de Xan de Campañó
Sobre a gaita de Xan de Campañó do século XV
-
Colgamos a seguir VOLVER Á TERRA un concerto didáctico do 2013 para o Proxecto Ronsel que deron Pablo Carpintero, Rosa Sánchez e Gustavo Couto. Un interesante documento que podemos ver grazas ao propio Pablo Carpintero ao que lle agradecemos que permita gozar de eventos verdadeiramente interesantes aínda que sexa en diferido.
Aquela precariedade da que se partía levou a un gran número de grupos novos a copiar e repetir de xeito máis ou menos afortunado aquilo ao que tiñan acceso, aquel xeito de tocar, aquel repertorio que os Irmáns Portela significaban con todo o que isto ten de bo e con todo o que ten de malo. Por unha banda, foi moi positivo, deu paso a grandes gaiteiros cunha formación rigorosa e unha filosofía do mundo da gaita capaz e poderosa, pero pola outra afondou, polo menos durante unha longa década, a enorme distancia que xa habia daquela coa variedade e riqueza que caracteriza a música popular galega e que vivía soterrada pola decadencia inexorable do mundo rural tradicional, esa que o mesmo Franquismo cultural incenciaba, a pesar da volta da democracia. Perpetuándose así a fórmula de marxinalidade e ignorancia meirande desta parte do folclore para as novas xeraciois de gaiteiros/as.
Como sempre este espectacular gaiteiro e investigador está ben documentado como podedes apreciar nesta entrada sobre a pipa no seu monumental libro sobre os Instrumentos musicais na tradición galega (que, como ben podedes intuír, tamén inclúe ao Bierzo) un marabilloso e completisimo traballo digno de coñecer e difundir. Grazas aos autores e grazas ao Consello da Cultura que colgou no 2011 esta versión para a súa difusión vía dixital, unha espléndida iniciativa que nos gusta e coa que queremos contribuír dende este humilde blog. Trátase dunha obra voluminosa que describe 150 instrumentos e que na versión dixital incorpora vídeos o que enriquece aínda máis a copiosa documentación coa que está elaborada.
O programa “Naqueles Tempos” comeza hoxe unha triloxía sobre
a gaita galega, desde as súas orixes remotas, hai tres milleiros de anos, ata a
explosión de gaiteiros e gaiteiras nos anos 90.![]() |
| Título do programa da TVG que emite a triloxía. |