Pablo Carpintero colgou no seu facebook esta intervención súa no Luar facendo unha pipa coa cortiza do castañeiro.
Como sempre este espectacular gaiteiro e investigador está ben documentado como podedes apreciar nesta entrada sobre a pipa no seu monumental libro sobre os Instrumentos musicais na tradición galega (que, como ben podedes intuír, tamén inclúe ao Bierzo) un marabilloso e completisimo traballo digno de coñecer e difundir. Grazas aos autores e grazas ao Consello da Cultura que colgou no 2011 esta versión para a súa difusión vía dixital, unha espléndida iniciativa que nos gusta e coa que queremos contribuír dende este humilde blog. Trátase dunha obra voluminosa que describe 150 instrumentos e que na versión dixital incorpora vídeos o que enriquece aínda máis a copiosa documentación coa que está elaborada.
Volvendo ao tema da pipa, Carpintero fala tamén da gaita de alcacén que é outro tipo de instrumento de feitura popular que servía de iniciación como o da pipa de castañeiro, pero que se usaba máis noutras zonas, cuxa apreciación é realmente interesante á hora de coñecer os primeiros pasos dos nosos gaiteiros tradicionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario