miércoles, 26 de diciembre de 2012

A gaita de sabugueiro ou bieiteiro





























Esta gaita que eiquí vedes fíxoa  Pablo Carpintero, un estudoso e autor do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega". Este traballo que recomendamos encarecidamente foi merecente dun programa do ALALÁ que poñemos a vosa disposición a seguir como primeira achega aos seus contidos e pormenores:

 Volvendo á gaita de sabugueiro, sabemos que Eduardo González, gaiteiro dos Ancares, coma outros muitos gaiteiros consultados, comezaron a súa andaina no mundo da gaita aprendendo a tocar cunha destas gaitas de sabugueiro ou "bantieiro"( así lle chamou Eduardo á árbore coa que fixo a súa primeira gaita), noutros lugares facíana de cana ( no Bierzo esta planta non abunda, de aí que se fagan de sabugueiro "sambucus nigra") . En ocasiois incorporábanlle un fol de vexiga de porco que vestían para que non rebentase cun traxe feito de calquera tea ( Eduardo confesounos que usara unha media vella da súa irmá).

Podedes saber máis, mesmo como soa e como se constrúe esta primitiva gaita que servía habitualmente para dar os primeiros pasos neste mundo de gaitas. Tamén podedes ver no seguinte vídeo a Pablo Carpintero facendo unha gaita, esta vez de cana.



No hay comentarios:

Publicar un comentario