CARA A: OS GAITEIROS DO PAÍS
Jota de Farelo: José Farelo, natural de Hornixa (Corullón) acompañado ó tamboril por Ángel Barba Quiroga e ó bombo por Lisardo Bóveda, rememora unha vella jota que de mozo escoitou no seu pobo de fonda afición á gaita.
Moliñeira de Vilar: Tócaa Emilio Díaz Gutiérrez pertencente a unha saga de gaiteiros: "Os Gutiérrez" de Vilar de Aceiro (Vilafranca). Do seu tío, gaiteiro do cuarteto, aprendeu un repertorio que hoxe conserva coma un legado familiar. Acompañan a Emilio, Nemesio García á caixa e o bombo José A. Viejo González.
Rumba: Emilio coa mesma formación interpretou tamén unha rumba, ritmo fruito da moda á que os gaiteiros víanse obrigados a adaptarse pola esixencia e para agrado do público.
Muliñeira do Pombo: Francisco Terrado Farelo (Oencia) recolleu dos cuartetos que tocaban sendo el mozo, entre eles o de Pedro "o Pombo", pezas propias coma a presente muliñeira que soou nunha gaita que tein de máis de 70 anos, tocando á ciaxa Mauel Rodríguez Oulego e ó bombo Francisco Rodríguez fernández, vecíns do gaiteiro.
Jota cantada: Os gaiteiros ao ter que facer a festa enteira tiñan no repertorio pezas cantadas para darlle máis variedade. esta jota cantada foi seleccionada do repertorio do gaiteiro Leonardo Gallego e de Agustín García, que puxo a voz, ambos os dous sendo naturais do concello de Trabadelo, residen en Vilafranca. Pepo Nieto, percusionista da Escola tocou o tamboril.
Montañesa/ A Carolina: Os mesmo inteépretes engarzan dúas pezas moi do gusto dos gaiteiros tradicionais cousa que no transcurso da festa facían de seguido. A montañesa é representativa das pezas cantadas en pequenos corros cun sabor autóctono que os informantes chaman "do pueblo"ou "propias". outramente " as asturianadas" parecen responder a unha influencia recente no Bierzo espalladas desde zonas mineiras. A Carolina, pola contra, é moi popular, trátase dunha canción ampliamente estendida non só nesta zona.
Furiqueille a muller a Bartolo: Clemente de Ferreira (Ibias) gaiteiro que dixita pechado e digno representante do xeito de todar, do repertorio e da afinación da gaita de concellos como o seu, Navia de Suarna e a a parte máis occidental do val ancarés que manteñen peculiaridades especificas moi chamativas, tanto como o mesmo nome da muiñeira que interpreta acompañado de Cándido Meixide.
Jota dos 28 puntos: Clemente interpretounos tamén unha jota moi estendida e coñecida, incluso por gaiteiros asturianos. Agradecémoslle moi de veras a súa participación no Encontro, así como aos seus amigos de Ibias que a fixeron posible.*
Pasodobre Arxentino: Lisardo Bóveda é un gaiteiro nada na provincia de Ourense, pero de tempo atrás reside no Bierzo. A súa colaboración desinteresada contribuíu grandemente á realización do Encontro. Lisardo e Gonzalo, o seu fillo, ás gaitas, Ángel Barba Quiroga ó tamboril e José Farelo ó bombo interpretan un pasodobre, ritmo recente coma a formoación utilizada, o dúo de gaitas, que chega a estas terras pola influencia que tiveron dúos de gaitas como os de Soutelo de Montes (Pontevedra).
CARA B: ESCOLA DE GAITAS E INVITADOS
Volteo de campanas (13 setembo 1981): Unha das derradeiras ocasiois nas que as campás de San Nicolás o Real voltearon no día da festa patronal ten cabida eiquí pois forma un todo coa danza dos Xigantes. Sirva esta gravación de reivindicación do patrimonio folclórico reclamando de quen dependa a recuperación deste volteo.
Danza de Xigantes e cabezudos: Esta peza tocouna José Fernández, gaiteiro de Vilafranca, quen co seu pai, autor deste pasodobre posiblemente, formaba parte dun dos tres cuartetos que a principios de século había na vila. Introducimos unha segunda parte con outras versiois entre elas a do gaiteiro que saía cos xigantes ultimamente, Isidro Álvarez.
Procesiois:Dáus pezas procesionais recollidas do gaiteiro de Soutelo (Trabadelo), Isidro Álvarez. A primeira de carácter máis tradicional era interpretada na procesión de Corpus de Soutelo. A segunda parte do repertorio da banda de Vilafranca para as procesiois de Semana Santa, que Isidro tocou no ano 80 na procesión de Venres Santo.
Pasodobre de Pepe: Recollido do repertorio de José Fernández trátase dunha peza de principios de século, ritmo que causou furor daquela, sendo incorporado e adaptado polos músico locais. Nós tocámolo coa formación de quinteto (moi frecuente destas datas na zona) que contaba con dúa sgaitas, clerinete requinto, tambor e bombo.
Muliñeiras de Isidro: A muiñeira, muliñeira ou moliñeira (das tres formas é chamada) é o con muito o ritmo máis representativos presentes na zona. Estas dúas xuntas recollímolas do repertorio de Isidro Álvarez.
Jota de Lugo: No apartado de invitados contamos coa presenza duns amigos que son da casa. Con eles convivimos muitas veces na Romaría de Fombasallá, lugar deencontro dos gaiteiros do páis. Eles son "Os Tafaredas" gaiteiros de Pedrafita do Cebreiro.
Jota de Melide: Esta peza recollida dos Garceiras de melide, interpretouna Cándido Meixide, qu etocou a gaita de barquín (copia dunha curiosa rareza do sul de pontevedra) e Loli Bravo á pandeireta. Os dous son membros de Pallamallada (Vilagarcía de Arousa) un dos grupos tradicionais de maior prestixio no folclore galego.
Abrente en Cordobelas: Alborada composta por Roxelio de Leonardo Bouza que foi interpretada por Xaquín Xesteira, nado en Cambados (Pontevedra) que con vinte anos de idade ten unha longa traxectoria no mundo da gaita. Pertence aos Gaiteiros Treixadura, sendo anteriormente alumno de nando casal na Banda de Gaitas de Vilanova de Arousa. El puxo unha rúbrica do bon facer dun gaiteiro neste Encontro de gaiteiros Tradicionais. O tamboril tocouno Pepo Nieto da Escola de Gaitas.
Vilafranca, xullo de 1992
* Esta peza que Clemente tocou non foi incluída finalmente na gravación debido a un erro da casa discográfica, aínda que si aparece nos textos. No seu lugar no cassette pódese escoitar a Moiñeira de Batribán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario