Quen é Dorothé Schubarth? Naceu en Basilea, Suiza, é unha musicóloga e compositora de renome que decide vir a Galicia en 1978 para coñecer a música popular galega. Atrapada pola riqueza e antigüidade da nosa música tradicional decide iniciar un traballo monumental que titula Cancioneiro Popular de Galicia polo que logo dun arduo labor rematará sendo recoñocida como a autora dunha obra considerada a biblia da música tradicional galega. Podes consultar os seus audios no Arquivo sonoro de Galicia, unha listaxe aparece na páxina do Consello da Cultura Galega.
Os premios e homenaxes recibidos:
- Homenaxe no Día do Orgullo Gaiteiro 2010
- Premio honorífico da Música Galega Martín Códax 2017
Por que visitou o Bierzo se estaba realizando un traballo sobre o Cancioneiro popular de Galicia? Non creo que sexa necesario dicir que Dorothé decide entrevistar no Bierzo a máis de 30 homes e mulleres dos concellos onde se fala galego, porque doutro xeito o seu traballo que pretendía abarcar a música tradicional galega quedaría incompleto. Logo é obvio que para esta eminente musicóloga O Bierzo, polo menos unha parte, debe formar parte ineludiblemente da Gallaecia cultural, Dorothé tivo esa sensibilidade.
Recentemente puidemos escuitar na radio un par de intervemciois de Diego Bello facendo eco do seu traballo polo Bierzo. A primeira baixo o título La mujer en la música tradicional no 2017 e unha segunda centrada nos Ancares xa no 2018.
No hay comentarios:
Publicar un comentario