A APARENCIA MOTOR DESTA OBRA "MONUMENTAL", O NÚMERO IMPORTA MÁIS QUE O CONTIDO
Lamentamos de veras recibir cun comentario máis
negativo que positivo unha nova publicación, tan voluminosa como aparente, tan
confusa como falta de rigor. Lamentamos tamén que Xosé L. Foxo que leva dando
guerra no mundo da gaita dende hai ben de anos, non teña tampouco evolucionado,
e, tan amigo como di ser da evolución, acometa esta nova empresa de asalto ao
Bierzo con tan controvertidos ataques á tradición, reiterando os mesmos erros
que apreciabamos xa na publicación do seu primeiro traballo sobre a gaita e que,
xa daquela, non puidemos deixar de, á vez de os criticar, desenmascaralos.
Nesta ocasión, tratándose dun traballo sobre o folclore do Bierzo, non podemos tampouco
pasalos por alto cun simple “máis do mesmo” ou categórico “un chove
sobre mollado”.
Chama a atención inicialmente a arrogancia do
traballo, Foxo sempre foi pouco humilde. Reparemos no formato impresionante e monumental que escolle. Trátase
dun primeiro volume (ameaza con máis) cunhas 450 páxinas, iso si con muita foto
e pouca letra (ambas de tamaño algo máis grande do habitual), acompañado de 3 CD
e un DVD (onde a imaxe do autor está omnipresente e as pezas de gaita que el interpreta son máis que as escasas que incorpora doutros gaiteiros vellos da zona). Sorprende a calquera este despregue de medios en tempos de crise e
recortes como os que vivimos. Claro está que sobran mecenas fieis que con
cartos públicos subvencionan traballos como este (3 Deputacións: León, Lugo e
Ourense, 2 gobernos de Comunidades autónomas, a Junta de Castela e León e a
Xunta de Galicia, e un comarcal o Consello do Bierzo). Pero, non se fíen das
aparencias, o contido resultará contundentemente decepcionante para entendidos
e afeccionados, para propios e estraños, pois se trata dun traballo, onde
a difusión convértese irremediablemente, páxina a páxina, en confusión
altisonante (coma se fose unha marca patentada por Foxo). Confusión e
pomposidade veñen da mao, e, no que pretende ser un “gran aporte ao folclore”,
é en realidade, unha lamentable fraude aos lectores que, se non son inxenuos,
irán descubrindo, folla tras folla, o engano, con mui contadas sorpresas agradables. Os informantes que aparecen no libro en ningún caso nos desilusionan, pero si o tratamento que fai Foxo desa información transmitida e da deformación dos documentos sonoros por el rexistrados dándolle a todo o recollido un mesmo valor.
Algo que era esperable, pero que non nos deixou de sorprender foi a grande dose de egolatría e narcisismo esgotador dos que, pensándoo ben, Foxo sempre foi vítima (a modo de exemplo, ademais do xa comentado acerca da súa omnispresencia no DVD, outro detalle é que nas múltiples fotografías, case tantas como páxinas, volve a haber un bo número nas que el aparece, iso si, a maioría en cor sepia para facelas pasar por algo antigo). Un Foxo ancorado naquela vella teima de postular como propio o que non o é, partidario do todo vale con tal de encher o saco con músicas de diversas procedencias, para vendelas como tradicionais. Digámolo de xeito breve e botando mao dun dito popular adaptado ao berciano: “daqueles pos, veñen estes trollos”.

A CONFUSIÓN OCULTA
BAIXO UNHA APARENTE INTENCIÓN DE DIFUNDIR
Antes de entrar en materia diremos que sobre o folclore no Bierzo hai ben
poucas publicaciois realmente rigorosas, e abundan, iso si, aqueloutras que cargadas
de prexuízos ou ben interpretan mal a súa riqueza e complexidade, ou ben
simplemente a ignoran estendendo xeneralidades sobre o mesmo, seguramente por
non entrar en polémicas ou evitar un terreo complexo como o territorio do
tradicional nesta comarca. Sen afán de
caer, tamén nós, en apriorismos, pero co compromiso de clarificar no posible,
para os que gustan do folclore, que é o que se debe ou pode considerar
tradicional na nosa comarca, tentaremos fuxir das análises da música popular propia do Bierzo que botando
mao dos prexuízos enchen a boca con palabras como “influencias”, relaciois ou
concomitancias culturais (lease por exemplo a introdución do libro titulado El Bierzo, etnografía y folklore de las
comarcas leonesas de J.l. Ponga e
Amador Diéguez Ayerbe) para logo pasar á simplificación ou á xeneralización ás
que faciamos referencia. Destas abondan tamén exemplos máis recentes que o
antes citado de Ponga e Ayerbe. Son moi comúns sobre todo nos estudos que dende
León ou Valladolid se realizan sobre a etnografía berciana (atopámolos por exemplo nun audiovisual recente sobre a pandeira e o pandeiro de Concha Casado e Joaquín Díaz), procurando “lo
propiamente berciano” observamos un claro síntoma dos apriorismos anteditos e
da conseguinte falta de rigor, a pesar de que fagan, unha e outra vez, fincapé
no xa retórico “máximo rigor etnográfico” do seu labor de campo sistemático.
Namentres tanto os bercianos e amigos do folclore, en xeral, seguimos contando
cos dedos das maos traballos que evidencien a complexidade do Bierzo e non
entren en contradiciois á hora de falar de folclore e de cultura galega no
Bierzo, que é quen de convivir con manifestaciois claramente leonesas, sabendo
que son as primeiras as que dan peculiaridade e singularidade á comarca (e que,
de non existir, o Bierzo sería ben semellante a calquera das outras comarcas
leonesas). Saibamos distinguir entre a pertenza administrativa e a identidade
cultural para evitar confusiois.
Volvendo ao Cancioneiro Oencia e contorna, X.L. Foxo prescinde por completo dos estudos
folclóricos existentes. Quererá indicar con isto que só é valido o seu modo de traballo? De novo emprende un camín en solitario, o primeiro que realiza
sobre o folclore no Bierzo, sen enmarcar con precisión, con rigor etnográfico o complexo mundo folclórico que conflúe
no Bierzo. Neste caso Foxo, seguindo a súa errada metodoloxía, diferente iso
si, á que utilizan os traballos editados con anterioridade sobre o Bierzo, cae tamén na falta de rigor, porque parece evidente que ao autor este non
lle preocupa. Pola contra parece estar máis interesado no voluminoso e na aparencia da publicación,
non presenta claridade de criterios, nin un estudo equilibrado e serio das pezas que recolle, a penas unhas vagas liñas na introdución, dando certa sensación dun traballo sen rematar. Se nos
estudos anteriores doutros autores era difícil atopar algo que non fose o
“propiamente berciano” (traballos nos que se dilúe, ou directamente marxina, calquera
manifestación en lingua galega por ser “unha influencia” e algo non xenuíno da comarca), no libro de Foxo
dá a impresión que todo vale, non pensa para nada no “propiamente berciano”. Foxo aposta máis pola filosofía do “folclore no Bierzo” que a do “folclore do Bierzo”, é
dicir, orixinario do Bierzo. Neste sentido Foxo comeza dicindo na Introdución
ao “Cancioneiro Oencia e contorna” que a Serra galaico-leonesa galego falante
conforma un tronco común coas terras do Caurel, un corpus único. Pretende “unha
mostra veraz” de tonadas, contos, fala e costumes desa cultura unitaria e, na
súa lóxica, inventa as “Terras d´Oencia”. Aínda que é de agradecer que edite o volume en
galego e con fórmulas do galego oriental, debemos sinalar que a ausencia de criterios
volve a ser a súa norma, chea de contradiciois á hora de facer uso da lingua: Utiliza unha grafía arcaica co apóstrofo
propio do XIX, hiperenxebrismos, castelanismos,... de novo dá impresión que no terreo da lingua, ao igual que no do folclore, todo vale e que fai o que quere sen máis.
Das 350 pezas non todas teñen ese alto valor etnográfico que se lle atribúen gratuitamente os medios de comunicación e os presidentes das Deputaciois de León ou Ourense. Os contidos do volume, ademais das fotos, sobre todo son letras e partituras das pezas recollidas (da páxina 51 á 431) que aparecen malamente agrupadas tras unha breve e protocolaria presentación asinada polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria da Xunta de Galicia, e unha mínima introdución desarbolada e caprichosa tamén, a medio camiño entre a confesión emotiva de intenciois e a análise da selección de temas que se inclúen no traballo. É dicir, faltan un estudo rigoroso dos contidos do cancioneiro e a meirande parte son letras e partituras sen máis, que se presentan clasificadas con criterios moi discutibles e cuestionables non tanto nos encabezados (coplas de cego, rondas, romances, arrolos, loias, etc...) como si por aparecer algunhas pezas nunha categoría que non corresponde ou por incluír pezas que poden ser populares, pero para nada tradicionais e, menos aínda, propias dos lugares nos que se di que están recollidas. Un indignado leonés facía o seguinte comentario, tras unha das presentaciois mediáticas, que tanto gustan a Foxo, do libro en León capital, nas que estiveron arroupando ao autor deste traballo de "alto valor etnográfico"( dío a nota de prensa) o Presidente da Deputación de Ourense e a Presidenta da Diputación de León: “Una pena que la Diputación de León invierta dinero en un proyecto que deja bastante que desear, en el que se incluye mucho repertorio que no es tradiiconal, como canciones de Manolo Escobar o Concha Piquer. Además el señor Foxo demuestra su total desconocimiento de la música tradicinal de León, resultando el libro una pieza más del movimiento aculturador que Galicia lleva a cabo sobre el Bierzo. Por desgracia, otros proyectos hechos desde León, con fines similares y más conocimiento, son despreciados por las instituciones de nuestra provincia y comunidad."
Todas as persoas que contribuíron a facer posible esta recollida (os seus informantes) merecen todo o noso respecto, mesmo sentiranse orgullosas inconscientemente de formar parte deste libro, pero non son responsables da terxiversación que cos seus cantos levou a cabo X. L. Foxo. Sen lugar a dúbidas, Foxo intenta xustificar e asentar o seu proxecto, digámolo como o indignado leonés, "aculturador" (queremos entender de Bandas de Gaitas ao xeito marcial ou escocés) que con traballos coma este e aproveitando o baleiro existente, como xa dixemos, crea maior confusión. Neste traballo non é ouro todo o que reloce, no cancioneiro hai pezas tradicionais e outras, unha parte significativa, que non o son, pezas que pertencen a distintas culturas (galegas, castelás), fórmulas antigas e outras moi modernas, todas amalgamadas sen comentarios ao respecto como se formaran un corpo único e tradicional de Oencia e a súa contorna. Quen se achegue a el, que saiba que debe realizar unha análise a conciencia das pezas e seria desexable que se peneirara ese ampuloso número de 350, cousa que Foxo non fixo; se cadra non quere, se cadra, non pode ou non sabe.
Imos ver, se ben o que aparece no seguinte vídeo, unha ronda de Arnado e un acontecido, son pezas que están xustificadamente incluídas neste volume, hai outras das que sinceramente non entendemos a conto de que se seleccionaron. Poñamos logo un exemplo deste todo vale que Foxo aplica. Unha cantiga tradicional castelá moi coñecida incluída no apartado que titula Cantares varios entre os que recoñece, na introdución ao cancioneiro, que hai cantos que "emigraron dunha cultura a outra" para acto seguido indicar que " pretendemos que este traballo sexa un documento veraz do que cantaban e contaban as xentes dos lugariños da Serra do Berzo que forman un corpo unitario cultural reflexado nunha lingua e toponimia absolutamente galegas". Logo pouco representativo debería ser este canto castelá e mesmo sería lexítima, ao noso modo de ver, a súa exclusión do libro. Foxo optou por incluíla, como outras muitas semellantes. A cantiga da que falamos está na páx 156 e chámase veño de moler morena que como podemos comprobar, aínda que chegou algún día a Oencia pertence a un repertorio ben distante e distinto do propio de zona. Esta peza foi así interpretada por Agapito Marazuela, un dos máis recoñecidos músicos tradicionais de Segovia.
E das gaitas e gaiteiros en tan monumental traballo, ben pouco aporta que xa non se saiba, poucas testemuñas e malas gravaciois. Menos aínda son os comentarios e datos sobre eles que estaban en gran parte xa publicados noutros estudos, entre outros os realizados pola propia Escola de gaitas de Vilafranca. Realmente neste apartado esperabamos algo máis. As gravaciois limítanse a Francisco Terrado Farelo, gaiteiro de Oencia (1918-2009) e algúa de Joaquín Bao Prieto de Arnado.
Os realmente amigos do folclore no Bierzo (asociaciois, agrupaciois músicais, estudosos...) debemos logo evitar caer na confusión e saber que este volume non é un traballo moi interesante, como xa temos visto que aseguran equivocadamente alguis é un traballo interesado. Tamén debemos responder, na medida das nosas posibilidades e posibles (que non son os de Foxo) con estudos máis serios, se cadra máis sinxelos e humildes, pero tamén máis acabados e sobre todo, máis respectuosos coa nosa cultura tradicional.
Nós temos feito algunhas recolleitas en Oencia, Castropetre, Visuña, Romeor,...esperamos podelas sacar á luz proximamente e contribuír así a evitar simplismos e despropósitos que no mundo do folclore empobrecen e sobran.
Das 350 pezas non todas teñen ese alto valor etnográfico que se lle atribúen gratuitamente os medios de comunicación e os presidentes das Deputaciois de León ou Ourense. Os contidos do volume, ademais das fotos, sobre todo son letras e partituras das pezas recollidas (da páxina 51 á 431) que aparecen malamente agrupadas tras unha breve e protocolaria presentación asinada polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria da Xunta de Galicia, e unha mínima introdución desarbolada e caprichosa tamén, a medio camiño entre a confesión emotiva de intenciois e a análise da selección de temas que se inclúen no traballo. É dicir, faltan un estudo rigoroso dos contidos do cancioneiro e a meirande parte son letras e partituras sen máis, que se presentan clasificadas con criterios moi discutibles e cuestionables non tanto nos encabezados (coplas de cego, rondas, romances, arrolos, loias, etc...) como si por aparecer algunhas pezas nunha categoría que non corresponde ou por incluír pezas que poden ser populares, pero para nada tradicionais e, menos aínda, propias dos lugares nos que se di que están recollidas. Un indignado leonés facía o seguinte comentario, tras unha das presentaciois mediáticas, que tanto gustan a Foxo, do libro en León capital, nas que estiveron arroupando ao autor deste traballo de "alto valor etnográfico"( dío a nota de prensa) o Presidente da Deputación de Ourense e a Presidenta da Diputación de León: “Una pena que la Diputación de León invierta dinero en un proyecto que deja bastante que desear, en el que se incluye mucho repertorio que no es tradiiconal, como canciones de Manolo Escobar o Concha Piquer. Además el señor Foxo demuestra su total desconocimiento de la música tradicinal de León, resultando el libro una pieza más del movimiento aculturador que Galicia lleva a cabo sobre el Bierzo. Por desgracia, otros proyectos hechos desde León, con fines similares y más conocimiento, son despreciados por las instituciones de nuestra provincia y comunidad."
Todas as persoas que contribuíron a facer posible esta recollida (os seus informantes) merecen todo o noso respecto, mesmo sentiranse orgullosas inconscientemente de formar parte deste libro, pero non son responsables da terxiversación que cos seus cantos levou a cabo X. L. Foxo. Sen lugar a dúbidas, Foxo intenta xustificar e asentar o seu proxecto, digámolo como o indignado leonés, "aculturador" (queremos entender de Bandas de Gaitas ao xeito marcial ou escocés) que con traballos coma este e aproveitando o baleiro existente, como xa dixemos, crea maior confusión. Neste traballo non é ouro todo o que reloce, no cancioneiro hai pezas tradicionais e outras, unha parte significativa, que non o son, pezas que pertencen a distintas culturas (galegas, castelás), fórmulas antigas e outras moi modernas, todas amalgamadas sen comentarios ao respecto como se formaran un corpo único e tradicional de Oencia e a súa contorna. Quen se achegue a el, que saiba que debe realizar unha análise a conciencia das pezas e seria desexable que se peneirara ese ampuloso número de 350, cousa que Foxo non fixo; se cadra non quere, se cadra, non pode ou non sabe.
E das gaitas e gaiteiros en tan monumental traballo, ben pouco aporta que xa non se saiba, poucas testemuñas e malas gravaciois. Menos aínda son os comentarios e datos sobre eles que estaban en gran parte xa publicados noutros estudos, entre outros os realizados pola propia Escola de gaitas de Vilafranca. Realmente neste apartado esperabamos algo máis. As gravaciois limítanse a Francisco Terrado Farelo, gaiteiro de Oencia (1918-2009) e algúa de Joaquín Bao Prieto de Arnado.
Os realmente amigos do folclore no Bierzo (asociaciois, agrupaciois músicais, estudosos...) debemos logo evitar caer na confusión e saber que este volume non é un traballo moi interesante, como xa temos visto que aseguran equivocadamente alguis é un traballo interesado. Tamén debemos responder, na medida das nosas posibilidades e posibles (que non son os de Foxo) con estudos máis serios, se cadra máis sinxelos e humildes, pero tamén máis acabados e sobre todo, máis respectuosos coa nosa cultura tradicional.
Nós temos feito algunhas recolleitas en Oencia, Castropetre, Visuña, Romeor,...esperamos podelas sacar á luz proximamente e contribuír así a evitar simplismos e despropósitos que no mundo do folclore empobrecen e sobran.
No hay comentarios:
Publicar un comentario