O estudoso da gaita Pablo Carpintero pon sobre a mesa unha serie de datos para tirar certas conclusiois que poñen en íntima relación á paisaxe coa feitura das gaitas entre outras cousas interesantes. Traballa con datos das gaitas vellas atopadas polo que lamentablemente non aporta datos relativos ao caso do Bierzo dos que non coñece un número determinante de gaitas testemuña que lle permitan establecer conclusiois. En todo caso podemos escuitar as ideas que dá sobre comarcas e zonas veciñas realmente curiosas e dignas de coñecer. Graciñas a Asociación de Gaiteiros Galegos e ao propio Pablo Carpintero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario