Os temas incluídos son dúas pezas propias da comarca, recollidas e interpretadas por gaiteiros da Escola de Gaitas de Vilafranca e incluídas no traballo recentemente editado: Farrapos, furacos e foles ( gaiteiros das comarcas leonesas).
Etiquetas
- A GAITA (7)
- GAITEIROS BERCIANOS (13)
- NOVAS (18)
- OPINIÓN (6)
- PUBLICACIOIS (5)
- SONS E GRAVACIOIS (13)
viernes, 22 de noviembre de 2013
No día dos músicos: In memoriam
No día da nosa patroa Santa Cecilia (ou tamén chamada Sta. Icía nun galego máis normativo) lembramos aos nosos gaiteiros,aos do país, do Bierzo e a contorna. Un exercicio de memoria e de cariño co que nos alimentamos con ese pan da identidade que, como alguén sabio dixo, amasamos dende ninos e levamos para sempre nos corazois:
Os temas incluídos son dúas pezas propias da comarca, recollidas e interpretadas por gaiteiros da Escola de Gaitas de Vilafranca e incluídas no traballo recentemente editado: Farrapos, furacos e foles ( gaiteiros das comarcas leonesas).
Os temas incluídos son dúas pezas propias da comarca, recollidas e interpretadas por gaiteiros da Escola de Gaitas de Vilafranca e incluídas no traballo recentemente editado: Farrapos, furacos e foles ( gaiteiros das comarcas leonesas).
domingo, 17 de noviembre de 2013
A GAITA E A CHIFRA NA PROVINCIA DE LEÓN NAS II XORNADAS ARREDOR DA MÚSICA TRADICIONAL
O traballo destes
dous entusiastas do folclore berciano está en pleno desenvolvemento e coloca
enriba da mesa hipóteses de traballo interesantes como é a da certificación de contextos e momentos nos
que estes dous instrumentos, a chifra e a gaita tocasen xuntos. Desta curiosa
asociación de instrumentos parece que Luis Mondelo ten escoitado da súa existencia, por exemplo, a gaiteiros da Cabreira como
Moisés Liébana, e coinciden con outras testemuñas iconográficas como a
que aparece nun retablo polícromo do XVII de San Bartolo de Valdefrancos de Valdueza. Precisamente un dos aspectos destacables do relatorio foi a
colección de imaxes dos instrumentos tradicionais obxecto da disertación, tanto da catedral de León, como doutros
retablos bercianos moi chamativos.
No tocante a gaita, en gran medida, e como el
mesmo recoñece, o traballo de Rafa Busto Ferrero é debedor do que realizamos na Escola
de Gaitas de Vilafranca anos atrás, incorporando a súa propia experiencia no
mundo da gaita a través fundamentalmente do seu labor en Alegría Berciana.
Luis A. Mondelo desenvolve o seu traballo
fundamentalmente ao redor da chifra e o tamboril centrado nas comarcas que tein maior
presenza, é dicir, o Bierzo e
Maragatería, pois parece ser que a medida que avanzamos cara a León dende Maragatería esta chifra segundo asegurou vai perdendo vigor polo que o núcleo
de instrumentistas no século XX estaba na Maragatería e no Bierzo Este, na montaña
occidental do Bierzo tampouco tivo instrumentistas.
Falaron destes dous instrumentos que teñen
unha forte presenza na música tradicional do Bierzo, pero que noutras comarcas
leonesas como se viña deducindo non o son tanto. Temos iso si que establecer
claras excepciois. A da Cabreira e Valdería onde a gaita e a chifra tiveron
grandes cultivadores e outras zonas como Babia nas que a gaita son do ámbito
asturiano.
Sobre as
hipóteses ou preocupaciois que manteñen Rafa e Luis, como son a da procura
dunha gaita “tipo” leonesa ou a xa mencionada antes, que gaita e chifra tocasen
xuntos, cremos que aínda hai bastante que falar e bastante máis que investigar.
Só dous apuntamentos para contribuír ao debate. A gaita de León non cremos que
exista como tal. No Bierzo, a comarca máis rica en gaitas da actual provincia
de León, non atopamos gaitas vellas que sexan distintas das do Caurel ou
Pedrafita, logo non poderíamos chamalas nunca leonesas, seguramente deberíamos
denominalas con maior rigor galegas. O
corte asturiano da gaita de Babia é evidente, e podemos facelo extensible a gaitas da Montaña
Occidental de León. Restaría o caso da
gaita da Cabreira ou de Maragatería, (mesmo a de Cepeda, aínda que non o
podemos asegurar, si aventurar pola súa proximidade coa Maragatería), que poderían
ser galegas se lle facemos caso ás referencias bibliográficas existentes e recorrentes, pois, como di o Padre Isla no Fray Gerundio de
Campazas (1768):
“No había órgano, pero éste lo suplían con muchas
ventajas dos gaitas gallegas, que de propósito había hecho venir de la
Maragatería el mayordomo, y las tocaban dos maragatos rollizos, tan diestros en
el arte, que los llamaban para todas las fiestas recias de San Román,
Foncebadón y el Rabanal, de donde se extendió la fama hasta el mismo Páramo,
con ser así que hay mas de ocho leguas de camino. Y Antón Zotes, a quien
llegaron estas noticias por haberlas oído casualmente en el puente Vizana a un
criado del maragato Andrés Crespo, al tiempo que cargaba la recua, al instante
envió a llamar a los dos famosos gaiteros, ofreciéndoles veinte reales a cada
uno, traídos y llevados, comidos y bebidos; y como esta era la primera vez que
se había oído semejante invención en las misas de aquella tierra...” Ou como tamén certifica
anos despois o vilafranquino Enrique Gil y Carrasco nunha descrición costumista
dunha voda maragata en el Semanario
Pintoresco Español (1836): “Al otro día, no bien despuntaba el alba, ya la
gaita discurre por el lugar tocando la alborada y reuniendo a almorzar a los
convidados de la boda. Acabado el almuerzo tocan a misa, y entonces el padrino,
el padre dela novia y demás convidados varones se dirigen a la casa del novio,
precedidos de la gaita y de los amigos solteros del novio llamados a tal
ocasión mozos del caldo, que van haciendo salvas con sus carabina”.
Logo, a gaita en Maragatería podería ser tan galega como a do Bierzo. Precisamente Luis Mondelo trouxo a estas II Xornadas, ademais dunha fermosísima e rica colección de chifras leonesas, unha magnífica gaita vella que mercou en
Lucillo (Maragatería) sobre a que, a
primeira vista o construtor de gaitas e requitas Olimpio Xiráldez
estableceu un paralelo con outra gaita vella de Estás (Tomiño) Galicia, cousa que confirmou tamén Pablo Carpintero. Queda aberta a posibilidade dunha gaita máis
arcaica, non menos que as que habería antigamente en Galicia, que se mantivo na
Cabreira? É desde logo unha hipótese a estudar.
No referente a
que tocasen xuntos unha gaita e unha chifra, seguramente déronse casos como se
certificou por activa e pasiva e como se tein tamén constatado en zonas de Portugal. Por certo, podemos ver no programa da TVG Luar do 15 de novembro do 2013 no minuto 16 en diante a explicación que dá Pablo Carpintero e unha hipótese sonora en re que realizan Rafa Busto e Luis Mondelo. (Como curiosidade na segunda hora do programa da TVG citado un grupo do Cebreiro acompañado por gaiteiros bercianos bailou ao ritmo das muliñeiras de Isidro do Soutelo de Trabadelo).
De todos os xeitos hai varias dúbidas que se nos abren despois deste relatorio sabendo que está documentado de vello (como se certifica no traballo recente de Concha Casado Las danzas de paloteo y las representaciones teatrales en los pueblos de La Cabrera (2009)) que as Danzas da Cabreira están acompañadas da gaita. Cal é logo a presenza da chifra na Cabreira? Cal era o acompañamento das danzas no Bierzo, era só a chifra e o tamboril, seguindo o modelo dos danzantes da Fornela?
De todos os xeitos hai varias dúbidas que se nos abren despois deste relatorio sabendo que está documentado de vello (como se certifica no traballo recente de Concha Casado Las danzas de paloteo y las representaciones teatrales en los pueblos de La Cabrera (2009)) que as Danzas da Cabreira están acompañadas da gaita. Cal é logo a presenza da chifra na Cabreira? Cal era o acompañamento das danzas no Bierzo, era só a chifra e o tamboril, seguindo o modelo dos danzantes da Fornela?
Deixaremos eiquí,
polo de hoxe, o asunto e volveremos noutra ocasión á análise máis pormenorizada
dos aportes deste dous amigos, estudosos e investigadores meritorios da nosa música
tradicional no Bierzo.
jueves, 24 de octubre de 2013
Deixounos a entusiata gaiteira Cristina Fdez. Álvarez
Cristina, non podemos deixar de falar contigo, porque estar sen ti non é nada doado de sobrelevar. Hai só unhas poucas horas que nos deixaches, aínda que ben sabes que é imposible que nos deixes por completo. Volver a tocar sen a túa presencia vai ser difícil, pero tamén sabías que a música que compartimos tantas veces era o medio para facer case eternos os nosos sentires, o noso compromiso coa memoria e agora reclamas para a túa despedida só un simple
son dun tambor coa gaita e o seu bombo, que será,creme,
Hai dúas palabras que te acompañaron de cote e que te identifican. Unha era "primavera", aínda que nacisches, eu ben o sei un 30 de outubro de hai 47 anos. A outra é un verbo co que na miña cabeza sempre quixen resumir a túa forma de ser: o verbo galego devecer, que é algo así como desexar con afán, vivamente. Así viviche e así te gardamos na memoria. Somos o que recordamos, verdade! Eras,Cristina, unha primavera alegre e permanente, tanto polo teu carácter amable e festeiro, como polo cordialidade dunha leal e comprometida compañeira. De pequena eras a "primaverita" e había poucas persoas que deveceran tanto a Festa do Maio coma ti. Imaxes imborrables deixas na retina de todos, non só tocando a gaita, o bombo ou a pandeireta, tamén dos teus carteis, os primeiros que imprimíamos para a Festa, e das innumerables troulas que vivimos, non hai quen nos roube o bailao! Bailamos tanto cos Paseniño, cos Treixadura nos magostos e nas romarías baixo os pradairos ou ultimamente mesmo, de xeito virtual no facebook (no que fixeches para a Escola máis de mil amigos)
que así é como queremos lembrarte, como a ti che gustaría que fagamos, cun sorriso. Tivemos tanta sorte ao atoparmos contigo nesta vida ...
Estes días namentres a tremenda morte axexábate no hospital, de novo escoitei o último tema que tocamos xuntos e ao escoitar o latexo fondo do teu bombo que resoa de seu nos meus adentros, como o son dun corazón que ama a vida, como o son dunha muiñeira cargada de morriña, esperaba fuxir desa funesta sombra que entolda hoxe a luz do día. Non puido ser.
Agora desexar, desexamos que todo se deteña para despedirte cun adeus sinxelo e sentido, sabendo que seguirás con nosoutros moi adentro, xa non terás que subir máis a un escenario, agochada nos nosos corazois tocarás e tocarás, tocaremos contigo tantas e tantas veces, porque a vida é teimuda e insiste en continuar.
Un biquiño.
como un latexo
profundo e vivo de vida, son quen de calar, se cadra por un momento,
a cruel
tallada de silencios e carencias na que nos deixas.
Hai dúas palabras que te acompañaron de cote e que te identifican. Unha era "primavera", aínda que nacisches, eu ben o sei un 30 de outubro de hai 47 anos. A outra é un verbo co que na miña cabeza sempre quixen resumir a túa forma de ser: o verbo galego devecer, que é algo así como desexar con afán, vivamente. Así viviche e así te gardamos na memoria. Somos o que recordamos, verdade! Eras,Cristina, unha primavera alegre e permanente, tanto polo teu carácter amable e festeiro, como polo cordialidade dunha leal e comprometida compañeira. De pequena eras a "primaverita" e había poucas persoas que deveceran tanto a Festa do Maio coma ti. Imaxes imborrables deixas na retina de todos, non só tocando a gaita, o bombo ou a pandeireta, tamén dos teus carteis, os primeiros que imprimíamos para a Festa, e das innumerables troulas que vivimos, non hai quen nos roube o bailao! Bailamos tanto cos Paseniño, cos Treixadura nos magostos e nas romarías baixo os pradairos ou ultimamente mesmo, de xeito virtual no facebook (no que fixeches para a Escola máis de mil amigos)
que así é como queremos lembrarte, como a ti che gustaría que fagamos, cun sorriso. Tivemos tanta sorte ao atoparmos contigo nesta vida ... Estes días namentres a tremenda morte axexábate no hospital, de novo escoitei o último tema que tocamos xuntos e ao escoitar o latexo fondo do teu bombo que resoa de seu nos meus adentros, como o son dun corazón que ama a vida, como o son dunha muiñeira cargada de morriña, esperaba fuxir desa funesta sombra que entolda hoxe a luz do día. Non puido ser.
Agora desexar, desexamos que todo se deteña para despedirte cun adeus sinxelo e sentido, sabendo que seguirás con nosoutros moi adentro, xa non terás que subir máis a un escenario, agochada nos nosos corazois tocarás e tocarás, tocaremos contigo tantas e tantas veces, porque a vida é teimuda e insiste en continuar.
Un biquiño.
martes, 30 de julio de 2013
Gaiteiros das comarcas leonesas
Baixo o título "Farrapos, furacos y foles" vén de editarse un traballo que procura recoller a diversidade actual do mundo da gaita nas comarcas da provincia de León. Trátase dun traballo que reúne unha ampla representación de temas e de gaiteiros do Bierzo, a Cabreira, Llaciana pero tamén unha máis tímida presenza de temas e gaiteiros doutras comarcas centrais e orientais da provincia como Babia ou da chamada Montaña leonesa. Faremos logo unha breve reseña crítica deste CD.
En primeiro lugar,
temos que valorar como moi positiva a iniciativa que, coordinada polos
gaiteiros Rodrigo Martínez e Victor
Astorgano, reúne a 18 intérpretes de distintos puntos tentando dar idea do
conxunto de agrupaciois e avances que se veñen realizando sobre a gaita de fol
desde hai uns 25 anos e que supuxeron un incremento considerable de novos
gaiteiros/as na provincia.
O CD, seguramente sen querelo, reflicte
a evidencia ao reafirmar algo que xa temos constatado á hora de falar da
extensión da gaita, de fol e/ou tradicional no que é hoxe o territorio leonés: a
maior presenza do instrumento nas comarcas occidentais, menor a medida que
avanzamos cara oriente (dos temas tradicionais que se gravaron, a maioría, 18 pezas, pertencen ao Bierzo e 9 á Cabreira,
sumando unhas 27, que supoñen algo máis do 50 por cento do CD).
Un dos logros deste traballo, para
quen non coñeza as vicisitudes do mundo da gaita na provincia, é que reproduce,
en gran medida, a variedade do fenómeno musical asociado a este instrumento, aínda
que se cadra o desequilibrio entre a parte oriental e occidental é, na
realidade, aínda máis pronunciado. Amósase, iso si, o esforzo por recuperar e
ampliar o repertorio da gaita nos lugares e comarcas onde habitualmente se silenciaba a
súa presenza.
Con moi bo criterio, segundo a nosa
opinión, esta iniciativa musical respecta a formación máis tradicional dos
gaiteiros solistas, ese bon facer dos gaiteiros populares, desterrando
acertadamente a distorsión que supón o fenómeno recente das bandas de gaitas
que loxicamente son obviadas. Se temos en conta que a maior parte dos temas gravados son
catalogados como tradicionais (aínda que poderiamos falar dunha certa
incoherencia ao introducir 7 temas de autor nun total de 52) normalmente aparecen
amalgamados, pois o conxunto de 18 intérpretes tocan dúas ou tres pezas (hai
quen seleccionou ata cinco) o que produce unha sensación auditiva máis variada
e rica, difundindo temas descoñecidos ou redescubrindo outros que permanecían un tanto ocultos
ou dispersos en gravaciois dos anos 90, ás veces difíciles de conseguir.
Sobre a filosofía do traballo tamén
quixeramos anotar certas eivas que presentan o conxunto de pezas do CD, como é
o “totum revolutum” pouco didáctico de
pezas colocadas aparentemente sen criterio, o que pode levar á confusión dos
neófitos e a pensar que un territorio administrativo con 150 anos de vida (como a división provincial actual) é igual ao das distintas culturas tradicionais
que nel conviven. Alberto Jambrina na reseña que se inclúe na carátula de Farrapos,
furacos y foles dalgún xeito cremos que “desculpa” que se
reúnan “gaitas gallegas y asturianas en do y en si b” a carón de “gaitas que podemos fijar dentro
de un contexto pastoril de afinaciones neutras”. Estamos a reproducir certos
prexuízos na análise da situación da gaita nos últimos cen anos, evitando catalogar as cousas polo seu nome. De aí que o mesmo
Jambrina fale de “varias prácticas gaiteras” sen rachar de cheo coas vellas teimas
das influencias e “vinculaciones con las zonas limítrofes” á hora de abordar a existencia de distintas gaitas nas que se deu
simplemente unha evolución digamos "natural" como a que temos que admitir para a gaita no Bierzo
ao longo do século XX, sendo tan propias as denominadas gaitas de fol, como as galegas. Ollo!, a evolución da gaita no Bierzo foi en paralelo
á de gran parte de Galicia, logo, é tan propia como a denominada “gaita de fole”
que en realidade se corresponde a un estadio anterior. Isto si que o recoñece abertamente
Jambrina “afinaciones naturales de muchos instrumentos populares de viento de
todo el mundo incluidas numerosas gaitas antiguas de Galicia, Asturias y
Portugal”. A saber, nuns lugares deuse esa evolución (insistimos desde comezos
do XX) do modelo tradicional de gaitas que se preparan para os dúos, como é o
caso do Bierzo, noutros estase a dar un proceso de transición, posiblemente na Cabreira, e noutros unha situación de “recesión/estancamento” do uso do instrumento de
características normalmente máis primitivas. Evidentemente non podemos considerar tradicional o que fan os gaiteiros desde hai tan só 20 anos.
Botamos de menos, nun traballo de difusión coma
este, un complemento (mesmo en formato PDF, como o que se facilita aos interesados reproducindo as partituras das pezas do CD e é un material de agradecer) un pequeno estudo que faga algún tipo
de comentario e análise sobre o repertorio gravado. O comentario de
Jambrina na reseña resulta escaso e insuficiente, volvendo a usar circunloquios como "la moliñeira de Sésamo hemos de contextualizarla en el Bierzo y en la ligazón de esta zona con Galicia", en lugar de falar claramente de repertorio de corte galego, pensando na aprendizaxe e fixación de criterios claros para os gaiteiros actuais e futuros. O estudoso da Escuela de Folklore de
Zamora naturalmente faise eco de semellanzas que se dan especialmente entre o
repertorio cabreirés e o de Zamora, ou os obvios entre a tonada asturiana e a montañesa, mesmo se preocupa pola relación da chifra e
da súa influencia no repertorio da gaita. Gustaríanos que houbese algún
comentario máis profundo partindo da particulariedade que se dá neste territorio da confluencia do mundo da gaita co da chifla,
semellante aos certeiros que fai o galego Pablo Carpintero no seu libro Instrumentos
musicais na tradición galega(2009) ou na dirección que apuntan outros traballos citados no noso libro
Palillos de Madeira (2010) sobre os
xigantes e cabezudos de Vilafranca, no capítulo referido á danza e aos
gaiteiros.
Para coñecer outras referencias sobre este traballo na prensa: no Diario de León 2012 e no 2013. O traballo está editado polo selo Música Contsume
domingo, 24 de febrero de 2013
No día 24 desde o Bierzo alborada para Rosalía
Hoxe día 24 de febreiro de 2013 a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo interpretou unha alborada para Rosalía de Castro á par que outros moitos gaiteiros/as de Galicia e para celebrar o 176 aniversario do seu nacemento en Compostela, na honra da autora do libro dos Cantares gallegos que se publicou hai 150 anos. A niciativa parte da Asociación de Gaiteiros Galegos, da Fundación Rosalía de Castro , da Real Academia Galega e da Universidade de Vigo.
Este día ás 12 h. soaron á par desde o Bierzo ata o mar en máis de 50 lugares unha alborada. Podedes comprobar como soaron no enlace da Fundación Rosalía de Castro entre as que figura a nosa.
Este día ás 12 h. soaron á par desde o Bierzo ata o mar en máis de 50 lugares unha alborada. Podedes comprobar como soaron no enlace da Fundación Rosalía de Castro entre as que figura a nosa.
sábado, 16 de febrero de 2013
UNHA ALBORADA PARA ROSALÍA
Como aclaran os organizadores da proposta, os coñecidos estudosos Perfecto Feijoo e Castro Sampedro fixeron daquela as indagacións pertinentes para localizar dita alborada no repertorio dos gaiteiros que puído escoitar Rosalía. A pesar que non hai unanimidade, como consecuencia deste estudo, circula desde entón unha Alborada co nome de Rosalía que tocaron entre outros os gaiteiros de Soutelo de Montes ou Ricardo Portela.
Existe unha versión recente na que se intenta fundir música e texto recitado e cantado que merece a pena escoitar. Trátase do cuarteto de Jazz de Abe Rábade e Guadi Galego, ademais do magnífico recitador Anxo Angueira, presidente actual da Fundación Rosalía de Castro e un dos promotores da alborada para Rosalía:
No Bierzo temos a sorte de contar cun cantautor, Amancio Prada, que tamén lle puxo música e voz ás composicións de Rosalía, entre elas este poema titulado "Un repoludo gaiteiro"do libro antes citado:
Non estaría mal que os gaiteiros do Bierzo interpretasen o próximo día 24 unha Alborada na honra de Rosalía... como o vai facer a Escola de Gaitas de Vilafranca, a vila natal de Sarmiento, un precedente da recuperación do galego na escrita. Tamén o Bierzo, mesmo antes que Rosalía, adiantouse en dous anos cunha obra de máis de 9000 versos no galego da zona. O seu autor Antonio Fernández Morales e o libro "Ensayos poéticos en dialecto berciano" coinciden en estilo, intención e temáticas cos Cantares Gallegos de Rosalía, polo que podemos dicir que ambos son dous libros fundamentais do movemento literario denominado Rexurdimento.
lunes, 14 de enero de 2013
A morte leva consigo a outro gran gaiteiro
Morreu hai xa uns días Xosé Marentes, un dos gaiteiros da zona de Fonsagrada. Por ser unha das zonas que percorrimos e da que gardamos gratas lembranzas, resúltanos próxima e queremos dende o Bierzo enviarlle unha aperta aos amigos da gaita desas terras.
Vendo un vídeo que colgou en youtube, xunto outras entradas pertencentes a outros gaiteiros desta comarca tan gaiteira, entendemos axiña o importante que é a recolleita destas testemuñas da gaita e dos gaiteiros do século XX, un século como xa temos dito, transcendental para poder documentar a historia do instrumento e o patrimonio cultural que xira ao redor do mesmo. En youtube hai varios vídeos dos gaiteiros desta comarca colgados por Edelmiro, un entusiasta gaiteiro, imaxes que segundo comenta Luis Prego, outro namorado do folclore galego, é posible que foran gravadas nos anos 90 no Museo Comarcal da Fonsagrada por un colectivo que tamén estivo gravando nas terras do Bierzo, o colectivo Berce, ligado ao traballo da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Vaia pois como recordo do bon facer de Xosé Marentes e na súa memoria este vídeo:
Vendo un vídeo que colgou en youtube, xunto outras entradas pertencentes a outros gaiteiros desta comarca tan gaiteira, entendemos axiña o importante que é a recolleita destas testemuñas da gaita e dos gaiteiros do século XX, un século como xa temos dito, transcendental para poder documentar a historia do instrumento e o patrimonio cultural que xira ao redor do mesmo. En youtube hai varios vídeos dos gaiteiros desta comarca colgados por Edelmiro, un entusiasta gaiteiro, imaxes que segundo comenta Luis Prego, outro namorado do folclore galego, é posible que foran gravadas nos anos 90 no Museo Comarcal da Fonsagrada por un colectivo que tamén estivo gravando nas terras do Bierzo, o colectivo Berce, ligado ao traballo da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Vaia pois como recordo do bon facer de Xosé Marentes e na súa memoria este vídeo:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

