Estaban en primeiro lugar as pandeiras e se cadra antes os pandeiros. Imos na procura do mundo musical tradicional que rodea e complementa ineludiblemente ao da gaita e gaiteiros.A pandeira de Ancares
Canto, xota e moliñeira de Candín
Estaban en primeiro lugar as pandeiras e se cadra antes os pandeiros. Imos na procura do mundo musical tradicional que rodea e complementa ineludiblemente ao da gaita e gaiteiros.
Como sempre este espectacular gaiteiro e investigador está ben documentado como podedes apreciar nesta entrada sobre a pipa no seu monumental libro sobre os Instrumentos musicais na tradición galega (que, como ben podedes intuír, tamén inclúe ao Bierzo) un marabilloso e completisimo traballo digno de coñecer e difundir. Grazas aos autores e grazas ao Consello da Cultura que colgou no 2011 esta versión para a súa difusión vía dixital, unha espléndida iniciativa que nos gusta e coa que queremos contribuír dende este humilde blog. Trátase dunha obra voluminosa que describe 150 instrumentos e que na versión dixital incorpora vídeos o que enriquece aínda máis a copiosa documentación coa que está elaborada.