Etiquetas
- A GAITA (7)
- GAITEIROS BERCIANOS (13)
- NOVAS (18)
- OPINIÓN (6)
- PUBLICACIOIS (5)
- SONS E GRAVACIOIS (13)
jueves, 13 de noviembre de 2025
UNHA TARDE DE BUREO
domingo, 18 de mayo de 2025
LETRAS GALEGAS PARA AS NOSAS CANTAREIRAS
O grupo de Pandeireta da Escola de Música de Vilafranca homenaxeou ás pandeireteiras do Bierzo con motivo do Día das Letras Galegas, ao igual que fixeron muitos agrupaciois e entes culturais en Galicia, xuntándose para cantar e bailar na súa honra.
Centos
ou miles de anónimas cantadeiras homenaxeadas no Día das Letras 2025
O territorio galegofalante
do noroeste peninsular foi quen de gardar un tesouro patrimonial monumental que
permanecía á vista de todos a súa sorte,
á intemperie dos tempos, e que,
por non ser valorado convenientemente (cuantas veces actuamos como cegos por, como á espera da morte, de oculto e
marxinado que estaba. Falamos da tradición oral. A non querer ver o que temos
mesmo diante dos ollos), semellaba estar, sen enterrar, soterrado Real Academia
Galega acertadamente rescata este tesouro que chegou vivo ata o século XX para
promover a súa redescuberta ben entrado xa o século XXI e darlle oportunidade
de seguir vivo e con futuro nas maos da mocidade toda.
Se queres que te queira
quéntame o mirar,
encende a pel da noite,
térmame, puñal.
Á miña porta levas
maos pra me abrir,
no centro do teu nome
dígoche que si.
Nos labios unha rosa
pro meu caravel,
que se revolve en febre
cuando te vou ver.
Se queres que te queira
dáme de beber,
regueiro de auga doce,
morte do porqué.
A poucos quilómetros de Vilafranca cantábase este
cantar, en Chan de Vilar foi recollido por Dorothé Schubarth nos anos 80... hai
algo menos de 50 anos a tradición oral seguía viva, pero aparentaba estar
ferida de morte pola falta de poboación, pola emigración, outro efecto dese
capitalismo depredador no que habitamos. Este patrimonio da oralidade que
representan as vellas pandeireteiras, sorprendía
no ano 1978 a unha musicóloga especialista
suíza ata o punto de que decidiu pasar eiquí, entre nosoutros, 20 anos da súa
vida realizando un complexo e duro traballo de campo polas aldeas de noso e,
sen reparar en fronteiras (quero dicir que tanto recolleu coplas no concello de
Candín, Balboa ou no de Corullón, como no de Cervantes, As Nogais e Pedrafita).
O resultado espectacular que nos deixou a cambio é unha das máis importantes colecciois
rexistradas da música popular de Europa, un verdadeiro Pórtico da Gloria, en
forma de Cancioneiro Galego de Tradición Oral. Certamente ese tesouro que
permaneceu por séculos vivo en cada casa do rural de Galicia, do Eo Navia, das
Portelas e do Bierzo, como constatou aquela especialista marabillada, era
singularmente arcaico e rico. Outra cousa marabillosa é o vigor que este
traballo documental inmenso está a experimentar 30 anos despois da súa
publicación, algo que lamentablemente non puido disfrutar de vagar a súa autora
a musicóloga suíza falecida no 2023, pero si o seu colaborador e coautor da
obra, ademais de eminente filólogo, Antón Santamarina. Este patrimonio
inmaterial da tradición oral está sendo actualmente un referente obrigado para
muitos mozos e mozas de hoxe sensibles ante a natureza tan atractiva desta riqueza
que, tras pasar centos de anos anónima de boca en boca, centos e centos de
melodías e versos en lingua de labregos e pastoras, fruito da creatividade dunha
sociedade rural poderosamente harmónica e tremendamente humilde, emerxe con
forza agora nas gorxas novas e agradecidas.
Non obstante, a Academia Galega con esta
celebración quixo honrar no Día das Letras a 7 cantadeiras (Rosa e Adolfina
Casás, Eva Castiñeira e Teresa García, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela
Lema) rachando por fin co tradicional anonimato desta expresión popular
espontánea e espléndida. Homenaxea a 7
mulleres con nomes e apelidos que representan a eses milleiros de
pandeireteiras que, xeración a xeración, chegaron ata os nosos días cantando,
ben para reproducir e transmitir con cariño este legado de centos de anos atrás,
ben para recrear e compoñer novas coplas con naturalidade, porque tamén elas foron
autoras, mais autoras sempre anónimas.
A primeira vez que eu escuitei falar dun grupo de cantadeiras do Bierzo e na nosa vila foi igualmente unha breve referencia directa dunhas mulleres anómimas que cantaban ao pé de San Nicolás muitos domingos coas súas pandeiras aló nas primeiras décadas do século XX. Efectivamente o fenómeno do seráns, das ruadas, foliadas, fiandois, polavilas...( ten unha chea de denominaciois), respondía ás peculiaridades de cada aldea ou vila e podían relacionarse con diversos labores propios do calendario tradicional, pero, en todas estas xuntanzas soaban as voces sabias e femininas acompañadas das pandeiras. Un home case octoxenario, Don Alejo Sandes, recordoume deste xeito o baile popular liderado por mulleres na nosa vila. Non tardamos en atoparnos logo, nos anos 80 na romaría de Fombasalá a Estrela de Pobladura de Somoza coa que tantas veces pasados os anos compartimos cantos de pandeireta, festas locais e bailes. Lembramos agora tamén a Remedios de Prado de Paradiña e, nos magostos, a Socorro González de Vilar de Aceiro, Arxentina Frey cantadeiras da Somoza que seguiron e seguen a outras muitas que fomos descubrindo algo máis tarde Aurora e Severina Abella de Pereda, Herminia Brañas de Vilariños, Amparo Voces de Borrés, ...
Despois de que unhas
pandeireteiras como as Tanxugeiras estivesen a punto de representar a España no
Festival de Eurovisión de hai dous anos,
cunha proposta tan radical,(é dicir, propia da raíz, da tradición oral
na que se criaron) e provocasen unha especie de alegre revolución cantada ao
son das ferreñas das pandeiretas, a
presente celebración do Día das Letras é logo unha oportunidade ideal para
asentar este rexurdir da tradición oral entre as xeraciois máis novas. Ofrece, ademais, unha revisión profundamente
didáctica do proceso previo, do labor de recompilación de centos de agrupaciois
folclóricas, de colectivos e persoas interesadas neste fértil terreo da
oralidade á que se deben logo formaciois musicais de distinta índole que foron
recollendo, estudando, difundindo, recreando e revitalizando o panorama da nosa
cultura, da cultura que compartimos O Bierzo e Galicia e que se manifesta,
claro está, en galego, esa da que Amancio Prada, Aínda, Rapa das Bestas, as
Cantareiras de Arnado ou a Escola de Gaitas de Vilafranca son só alguis nomes
que testemuñan como se vai concretando na historia da nosa comarca esta
magnífica herdanza patrimonial, marca indiscutible da identidade berciana.
Héctor M. Silveiro Fernández
domingo, 12 de enero de 2025
DOS REISES DE BENDOLLO
![]() |
| Foto dos anos 90 dos Reises vellos do Cebreiro |
Hai un tempo publicamos eiquí neste blog unha entrada para falar dos petitorios e dos ciclos festivos. Hoxe imos colgar a modo de coda daquel artigo unha pequena ampliación achegándonos aos Reises de Bendollo (lugar do Concello de Quiroga). Lembremos que as comitivas dos Reises eran veciños dunha parroquia que no Nadal e de solsticio, a finais decembro e primeiros días de xaneiro, no que as lareiras afumaban os chourizos tras da matanzas realizadas tras das primeiras xiadas do inverno e celebraban esta festa de bon trato entre vecíns, de reafirmación da veciñanza cos Reis como pretexto. Escuitemos, en primeiro lugar, a magnífica versión que o grupo Ailá fixo recentemente desta cantiga do CD Ailá de Nadal que se editou grazas a colaboración da Secretaría de Normalización Lingüística:
Vaiamos agora entrando en detalle coa letra deste tema, tirada dunha recolleita que aparece no Cancioneiro antropolóxico do Concello de Quiroga, Ribas do Sil e montañas do Lor realizada por X.L. Foxo:
Reises, Reises miña
tía
chouriciños á
potiña.
Reises, Reises miña
tía
chouriciños á
potiña.
Dénolo aguinaldo
anque sea pouco
chouriciño e medio.
e mitá do outro,
dénolo aguinaldo si
no lo ha de dar,
que somos de lexos temos que marchar.
Estas portas son de
ferro
eiquí vive un
caballero
eiquí vive e vivirá
e o aguinaldo nos
dará.
Dénolo aguinaldo anque sea pouco
chouriciño e medio.
e mitá do outro,
dénolo aguinaldo si no lo ha de dar
que somos de lexos
temos que marchar.
Estas portas son de pino
aquí vive un gran
cochino
eiquí vive e vivirá
e o aguinaldo non
nos dá.
Dénolo aguinaldo anque sea pouco
chouriciño e medio.
e mitá do outro,
dénolo aguinaldo si
no lo ha de dar
que somos de lexos
temos que marchar.
Estas portas son de pau
aquí vive un gran marrao
aquí vive e vivirá
e o aguinaldo nos
dará.
Dénolo aguinaldo
anque sea pouco
chouriciño e medio.
e mitá do outro,
dénolo aguinaldo si
no lo ha de dar
que somos de lexos temos que marchar.
Esta letra presenta unhas coplas de carácter petitorio na que se pide insitentemente o aguinaldo ás que se acompañan outras coplas acordes que corresponden co halago ou o insulto como resposta á muita ou escasa xenerosidade de cada casa. Estas últimas coplas resultaban un verdadeiro estimulante para suliñar esa relación comunitaria no que o humor e a ironía non deixaba de emerxer. Nótese a categoría das portas das casas ás que se canta: a calidade do ferro fronte febleza das de pino e, muito máis das de "pau", por non falar do manifesto e caricaturesco contraste do "caballero" da primeira das respostas co "gran cochino"ou o "gran marrao" das coplas de resposta aos petitorios que se cantan despois.
Outramente quixeramos insistir, e suliñar á vez, no populares que resultan este tipo de alusiois ás portas de ferro en toda a zona do galego oriental de Quiroga ao Bierzo, pasando polo Cebreiro, ademais de constatar un pouso común, da irmandade ou unidade cultural a un lado e ao outro da actual fronteira administrativa.
![]() |
| A Carantoña ameazando cun xardón na mao (Reises do cebreiro dos anos 90) |
Rematamos sinalando que non podemos esquecer de ningún xeito que esta manifestaciois de tradición oral deixan ver ás claras o solapamento das tradiciois relacionadas co solsticio de inverno que derivan no Entroido e as que viñeron despois da mao da Igrexa e o Cristianismo. Lembremos que os Reises vellos ou Reiseiros do Cebreiro son cuatro e están acompañados pola Carantoña, é dicir, unha máscara de pel de coello ou de lobo, e, por veces, do Mochileiro que tamén usaba careta, logo a pesar de denominarse reis e cantar ás portas das casas cantigas relativas ao Nadal, o aguinaldo e as bromas da Carantoña ameazando cunha póla de xardón a pequenos e maiores xa é unha evidente expresión do tempo de correr o Entroido que se iniciaba nos días máis curtos e de noites máis longas do ano.
![]() |
| Reises do Cebreiro en 2024 (foto O Progreso de Lugo) |
![]() |
| Foto da recuperación propiciada polo párroco Xesús Mato dos Reiceiros do Cebreiro. |

.jpg)





