O gaiteiro de
Sorribas de seren un personaxe real, que non temos por que pensar que non o
fose, chegou a nós grazas a un longo poema que como todo texto literario pode ser
fruito da invención do seu autor. Mais Antonio Fernández Morales nos seus Ensayos
poéticos en dialecto berciano (1861) quixo facer un retrato fiel da
lingua e costumes da nosa comarca. Os filólogos así o constatan e son numerosos os estudosos de etnografía que botan mao dos datos que nos ofrecen os versos do
poeta como fidedignos. Logo, por que imos dubidar de que en verdade existise Xan, o gaiteiro de Sorribas? Vexamos como nolo presenta o autor:
NA VOLTA DA SEGA
O
gaiteiro de Sorribas
i o
capador de Magaz,
se
atoparon no camiño;
¡primo
aiquí! ¡primo aculá!
O
primeiro con seu fillo
i o
segundo con dous máis,
viñan
de aló das Castillas
onde
foran a segar;
pois
non solo son galegos
os
cuarenta mil e máis,
que
todos, todos os anos
a
facer a sega van,
sinón
que tamén do Bierzo
tein
estilo de viaxar
co
mesmo fin, dez ou doce,
máis
que agudos folgazais,
entre
os que facer debemos
aiquí
mención especial
do
gaiteiro de Sorribas
i o capador de Magaz.
………………………
CAPADOR:¿ E como che vay, parente?
GAITEIRO: Parente, ¿como che vay?
CAPADOR: A min ben, ¿ y a ti, meu primo?
GAITEIRO: Ay, meu primo, a min ben mal.
CAPADOR: ¿ E logo?
GAITEIRO: – Logo
roubáronme.
CAPADOR:-¿ Os ladrois?
GAITEIRO: - Claro está.
CAPADOR: -¿A ti solo?
GAITEIRO: – Y a cuadrilla
q´ayer deixamos
atrás
eu y o fillo.
CAPADOR:– ¿Y eran muitos?
GAITEIRO: Eran polo corto un par.
CAPADOR: - Entonces ya non me pasma
que vos puderan roubar,
viaxando a cuadrilla sola
y eles sendo dous ou máis.
Pero ¿ onde tiñas os cuartos?
GAITEIRO:-No farraco.
CAPADOR: - ¡Borrican!
sete veces os garduños
me saliron e jamás
puderon a min roubarme.
GAITEIRO: ¿ e logo tu, como fais?
CAPADOR: Logo as engulo.
GAITEIRO: – Fais mal;
¿e si para botalas fora
un entripado che dá?
CAPADOR: Sufro e calo; peor fora
que, como a ti, un garduñán
m´as ripase.
GAITEIRO: – ¿ Y en seguida?
CAPADOR: En seguida q´o que pan
foy boto fóra, c´os dedos
me poño listo a escarbar…
GAITEIRO: ¿ E che fará bon estómago
as coronillas cabais
atopar.
CAPADOR: - Claro
GAITEIRO:– ¿ E despois?
CAPADOR :
Despois as volvo a tragar.
GAITEIRO: Bon proveito; non da o demo
n´artimaña que tu dás;
nin Merlín sabe máis cencia
q´a que deprendiche.
CAPADOR: – Ay
Xan?;
Fala quedo.
GAITEIRO: – Pois?.
CAPADOR: – Recordo
q´os ladrois vecindá
en Madri tein, onde as cordas
d´ese tilégrafo van,
e todo o q´aiquí parlamos
e
poden aílí escuitar.
------------------------------------------
Chegaron
presto a unha ponte
i o
capador de Magaz
parouse
e dixo: “Sentémonos,
pois é
hora, aiquí a xantar.”
Entonces
gaiteiro e fillo,
o
capador e os dous máis,
quitando
os fatos das costas,
sentáronse
a comer pan
cunhas
boas rebanadas
de
toucín crudo, que traen
inda
do que das súas casas
sacaron
pra ir a segar.
Despois
da andorga ben chea,
ca
cabeza cada cual
no seu
fato, tripa arriba
tendéronse
a descansar,
quedando
a pouco dormidos
en
gracia de Dios e en paz.
Unha
hora larga estuveron
na
ponte roncando ben,
 |
Cadro de Primitivo Armesto |
hasta
que ia despertando
o
gaiteiro, berrou: “Ei;
levantaivos
que inda hoi temos
que andar dúas leguas ou tres.”
………………………………
Despois
de muitos discursos
sobre
a mellor moda de ir
a
catar o fato ó río,
conviñéronse
por fin
en que
o gaiteiro colgao
se
puxese do pretil
da
ponte, e logo baixando
por
seu carreñouzo Luís,
das dedas
se lle colgase:
que
outro logo, de cuadril
en
cuadril baixando ós peis
de
Luís, quedase ailí
colgao
deles; que dos deste
se
colgase outro, e por fin
que o
colgallo arrematase
o
capador, que a cerviz
logo
debía no río
amergullando
fundir,
pra
sacar preso nos dentes
o fato
do seu sobrín.
Ia
colgaos unhos de outros
cuatro
estaban, e de Luís
polo
carrelo baixando
o
capador, cuando oír
deixouse
a voz do gaiteiro
que
agarrao do pretil,
lles
berraba: —Ia non podo
tanto
peso resistir...
Os
brazos ia se me esgazan;
me
troncho polos cuadrís,
i as
maos vánseme esvarando
polas
pedras do pretil
—Descansa
un pouco. (Berroulle
o
capador) ¿Tu ois? —Sín.
—Pra
non esvarar, nas maos
podes
en tanto cuspir
i
arrestregalas. —Razón
teis
que che sobra; inda a min
o demo
non me soplara
unha
idea tan feliz.
Ó
punto, pra descansar
un
pouco, e logo cuspir
nas
maos e arrestregalas,
apartouas
do pretil,
e
pegando unha zoupada
todos
fóronse a sumir
aló no
fondo do río
cos paos e o fato de Luís.
……………………………..
Contan
que daquel naufragio
libráronse
solo dous,
anque
cos coiros maceaos
o
mesmo ou máis que un zurrón,
Luís
foi un, que clavar pudo
as
uñas nunhos lastrois,
i o
gaiteiro navegando
na
inflada gaita de fol.
Contan
tamén que ós tres días
do río
o recio cachón,
cual
botos inchaos, na arena
outro
par deles botou.
E
contan, por fin, que un ano
correu,
porque quixo Dios,
sin
que soupese ningún
qué fora do capador.
A incrible peripecia do noso gaiteiro é ficción claro está, pero
iso non imposibilita a existencia destes personaxes, sen dúbida, humildes e inocentes,
obxecto desta cruel sátira social que retrata tres realidades evidentes para Antonio Fernández Morales:
1ª- Como muitos galegos e bercianos
facían uso dun traballo temporal como era o da sega en Castela.
.
2ª Como unha chea de homes contemporizaban este labor da sega en Castela con outro
oficio (o de gaiteiro ou capador) noutros momentos do calendario anual que desenvolvían na súa aldea e contorna.
3ª Como estas xentes renegan do Progreso que descoñecen
e mesmo na súa ignorancia o critican. Lembremos
a este respecto o que di o capador:
—Dende
que a clas liberal
quitou
os frades, o mundo
cheo
de bruxas está.
Cuando
eu era realista
tiña a
bruxería máis
vergoña;
de noite andaba,
pero de día jamás.
Logo o oficio de gaiteiro no XIX, tamén en boa parte do XX, non era
un oficio que dera muito carto, era unha ocupación complementaria na aldea, aínda que iso si, suficientemente
diferenciada e claramente identificable como tal, pois o noso personaxe case sempre é
denominado gaiteiro e só unha vez se usa o seu nome propio, Xan.
En canto ao instrumento denomínase gaita de fol por diferenciar con claridade o tipo de gaita ao que facemos referencia. Cítase unha soa vez con carácter metonímico, para destacar ademais o valor do
fol inchado (a parte polo todo) que impide,
a modo de salvavidas, o afogamento do noso gaiteiro no mar. O ton humorístico parateatral semellante á
comedia, cobra logo un carácter
simbólico á hora de describir a este antiheroe popular como representante daquela masa de labregos de clase baixa.