
Pódese consultar neste enlace da AGG
Trátase dun artigo que tenta recoller unha panorámica da gaita no Bierzo Occidental, nos denominados lindeiros da galeguidade como reza no título.
Este texto tiña a intención de manifestar a nosa relación dende o comezo da súa existencia coa Asociación de Gaiteiros Galegos, relación que nace da natural pertenza ao campo cultural de Galicia a pesar de estar fóra da Comunidade administrativa, unha reivindicación que foi ben asimilada e aplaudida pola Asociación como proba evidentemente a inclusión do noso traballiño neste Boletín número 0 co que se poñía a andar a entidade na que vimos participando na medida das nosas posibilidades dende aquela data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario